6 de set. de 2010

ERECTEIÓN


CATALOGACIÓN
Recoñecemento da obra. Obra arquitectónica de tipo relixioso da arte grega, en concreto un templo coñecido como Erecteión, erixido na honra de Atenea Polias, Poseidón e Erecteo, o mítico rei de Atenas.
Función (igual que o Partenón)
Localización. Eríxese na Acrópole de Atenas fronte do Partenón nun lugar que debía protexer santuarios anteriores, destruídos polos persas, como as tumbas de Erecteo e Crecops (o primeiro poboador da cidade, nacido da terra sen antecedentes humanos), o manancial de Poseidón e a oliveira de Atenea (explicar a loita de Atenea e Poseidón polo dominio da Ática).
Estilo e datación.  Pertence ó período clásico, séculos V e IV a.C., entre o fin das guerras médicas e a morte de Alexandre Magno no 323, máis exactamente ó clasicismo pleno da segunda metade do s. V a.C., que coincide co goberno de Pericles quen encargou a reconstrución e embelecemento de toda a rocha sagrada despois da súa destrución polo exército persa de Xerxes no 479 a.C.
Autoría. Se considera obra de Mnesikles, a quen se deben tamén os Propíleos construídos igualmente sobre terreo irregular o que nos indica que xa estaba acostumado a localizacións complicadas.
 Material. Está construído en mármore do Pentélico e pedra negra

CONTEXTO 
 ........... (o mesmo do Partenón)

ANÁLISE
Constrúese en aparello de cantería isódomo unindo os perpiaños por medio de caravillas sen empregar argamasa, as columnas feitas en tambores ensambladas en cola de milano, unha especie de émbolos en madeira.Tamén se empregou pedra negra para os frisos como fondo sobre o que se engadían os relevos
O terreo presenta un desnivel de 3 metros, o que forzou un alzado de dúas alturas e unha complicada planta asimétrica con catro fachadas, tres pórticos e tres naos. Se a todo isto engadimos que a construción sufriu paradas e reanudacións, que houbo transformacións e alteracións, pódese comprender a súa complexidade e as dúbidas existentes sobre a verdadeira configuración do interior.
Planta. Comprende dúas zonas diferenciadas, a parte oriental e mais alta foi destinada a Atenea Poliás mentres a parte baixa se dedica a Poseidón Erecteo. Engloba ademais os outros lugares de culto xa citados.
A planta alta, rectangular como a maioría dos templos que tomaran como modelo o mégaron micénico, presenta unha fachada no lado oriental cun pórtico exástilo de orde xónica, que da acceso á naos de Atenea Poliás; no lado sur abriuse o celebre pórtico das cariátides que oculta a baixada á tumba de Crecops. Como non hai pórtico no lado oeste podemos consideralo próstilo.
Na planta inferior, dedicada a Poseidón Erecteo, coa cisterna do sal mariño do deus, encontramos outras dúas fachadas, unha con pórtico na cara norte e outra na cara oeste. O pórtico norte que limita practicamente coa muralla da Acrópole, presenta gran altura pois arranca da parta máis baixa do terreo e acada a cornixa da planta superior, configúrase con seis columnas xónicas, catro á fronte e unha detrás de cada unha das dos ángulos, de esveltos fustes. O lado oeste carece de pórtico e revela a existencias dos dous niveis, na parte superior presenta fiestras abertas entre columnas embebidas no muro e apoiadas sobre un resalte do muro baixo no que se abría unha porta. Estas columnas, o remate en frontón e a conexión co arquitrabe, friso e cornixa que corren ó longo de todo o edificio, harmonizan este lado co lado oriental a pesares de que neste lado as columnas son mais altas. No terreo inmediato alzábase o olivo sagrado de Atenea.

Alzado. En canto a orde xónica que aparece a mediados do s. VI a.C. en Xonia, conectado con formulacións orientais, caracterízase por ser máis esvelto que a dórica (a columna é 7/8 veces o diámetro do fuste), máis lixeiro e decorativo, asociándose ó carácter feminino.
Sobre a crepidoma, plataforma de tres banzos (estereóbatos, os dous inferiores, e estilóbato o superior) arrancan as columnas: basa combinando toros (molduras convexas) e escocias (molduras cóncavas), fuste estriado en arestas mortas e sen éntase; capitel con colariño que o separa do fuste, equino, moldura circular convexa decorado con ovas e dúas grandes volutas, e ábaco, peza rectangular. Segue o entaboamento constituído por un arquitrabe dividido en tres bandas horizontais, un friso liso ou con decoración e a cornixa que sobresae do plano anterior. Como o tellado é a dúas augas fórmanse nos lados menores sendos frontóns cuxa superficie interna, o tímpano, se decora con programas escultóricos.
Toda a estrutura do edificio é alintelada, non se empregan arcos nin bóvedas.

O pórtico das cariátides, exemplo de novas solucións arquitectónicas, é de pouca altura pois non cobre a altura total do muro do templo ó que se adosa. Alcámenes, discípulo de Fidias, é o autor do pórtico e destas figuras femininas que cumpren a función de soporte. O seu nome ven das mulleres de Caria que, segundo a tradición, os atenienses fixeran escravas porque axudaran os persas. Resultan pois unha clara advertencia do que lle pode suceder ós traidores.
As figuras -hoxe no Museo da Acrópole. están realizadas en mármore, situadas sobre un alto pedestal corrido e distribuídas do mesmo xeito que as columnas do pórtico norte (catro ó fronte e unha detrás das de cada ángulo), soportan un entaboamento ó modo da orde xónica do resto do edificio cun arquitrabe de bandas horizontais e a cornixa, carecendo de friso. É a materialización da idea subxacente do antropomorfismo das ordes gregas, pois recordemos que a orde xónica, a empregada neste edificio, se asocia có feminino, mentres que a orde xónica se asimila ó masculino.
A súa actitude serena nada ten que ver co feito de sustentar o poderoso entaboamento.
Recordan ás korai pero con insinuación de movemento sen chegar ó contraposto pois non hai repercusión na cadeira. Equilibra a composición o xogo das pernas, pois tres delas apoian na perna esquerda e outras tres na perna dereita.


 
Visten un peplos cinguido ó corpo e un himation, nos que se amosa un gran traballo de pregas, que complementan con un coidado peiteado dun recollido de dúas trenzas que caen ata metade das costas.
Sobre a cabeza unha moldura circular e un capitel en forma de cesta, encima un ábaco. Posiblemente nunha man levaban un pequeno prato de ofrendas e coa outra suxeitaban o peplo (dun xeito similar ás posteriores cariátides da Villa Adriana).



En conxunto o Erecteión logrou superar toda sas dificultades existentes na súa construción, sen embargo non logra os principios de proporción e harmonía que trunfan no Partenón, a asimetría e certas incoherencias fano imposible. Por iso o arquitecto centrouse nos detalles ornamentais e na complexidade decorativa o que semella resaltar o carácter escultórico da arquitectura. Deixando á marxe as mesmas cariátides, son de gran interese os capiteis pola calidade da labra. Hai unha profusión decorativa que o separa do Partenón e que xa está a dar indicios da evolución posterior da arquitectura grega, é dicir a austeridade e a racionalidade do século de Pericles está a quebrar.
Pouco despois do seu remate sufriu un incendio, unha primeira vicisitude da lista que virían despois: novos incendios, conversión en igrexa e en harén, bombardeos e amputacións decorativas como a realizada por Lord Elgin quen se levou unha das cariátides, hoxe no Museo Británico.




CURIOSIDADES
- Así conta Vitruvio a orixe das cariátides no seu libro De architectura, cap I (tomado de historiaclasica.com)
A menos que esté familiarizado con la Historia, (el arquitecto) será incapaz de justificar el uso de aquellos ornamentos que tenga ocasión de introducir. Si, por ejemplo, en vez de columnas se colocan estatuas de mármol de mujeres vestidas con estola — que se llaman cariátides— y si superpone modillones y cornisas, deberá saber dar explicaciones a quienes pregunten; veamos: Caria, ciudad del Peloponeso, conspiró contra los griegos con ayuda de los persas, enemigos de los griegos. Posteriormente estos, como respuesta a su traición, y al verse libres de los persas tras una gloriosa victoria, de común acuerdo declararon la guerra a los habitantes de Caria. Una vez conquistada la ciudad y pasados a cuchillo sus habitantes, se llevaron como esclavas a sus matronas. Para que estas circunstancias fuesen mejor recordadas, y la naturaleza de su triunfo perpetuada, los vencedores las representaron con sus túnicas, aparentemente sufriendo por el peso de la carga asignada, como expiación del crimen de su ciudad natal. Así, en sus edificios, los arquitectos antiguos, mediante el uso de estatuas, legaron a la posteridad un memorial del crimen de los carios.

- O vestido Delfos
A principios do século XX, Mariano Fortuny - fillo do pintor do mesmo nome- deseñou e patentou este vestido revolucionario así chamado pola súa semellanza coa vestimenta do Auriga de Delfos e, en xeral, cós peplos que vemos nas esculturas femininas gregas: unha longa túnica de seda tan longa como ancha de finas pregas desiguais que caen libremente sobre o corpo da muller. O sistema de pregado era manual apertando a tela húmida coas mans en sentido vertical e horizontal.
O modelo tivo un rotundo éxito tanto pola sinxeleza da súa forma -lonxe dos artificios que por entón encorsetaban a muller- como pola deslumbrante gama cromática empregada -con pigmentos e tinturas de elaboración propia e secreta-, e incluso pola facilidade do seu transporte -non se engurra-, de feito comercializábase dentro dunha caixa-. 
E una dato mais que os facía desexables: eran pezas únicas. As damas da clase alta e dos ambientes mais liberais do momento luciron un Delfos, desde Sarah Bernard a Isadora Duncan ou Peggy Guggemheim.




Na serie de TV, O tempo entre costuras -a partir do libro de María Dueñas-, a protagonista elabora un falso Delfos. Se non recordas, podes mirar este vídeo.




0 comentarios:

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir