06/09/2010

LAOCOONTE

CATALOGACIÓN
Grupo escultórico exento ou de vulto redondo realizada en mármore de Paros, en tamaño superior ó normal (máis de 2 metros). Aínda que semella estar realizada nun único bloque, a realidade é que está formada por bloques distintos pero tan ben ensamblados que non se notan as unións. Representa un relato mitolóxico da Eneida de Virxilio, cando Laocoonte, sacerdote de Apolo, se opón á entrada do cabalo grego na cidade de Troia, temendo que se trataba dunha trama dos aqueos en retirada, como así sucedeu. Ofendidos os deuses por intentar contradecir o destino, dúas serpes xurdiron do mar e devoraron aos seus fillos, e ó propio Laocoonte que saíra na súa defensa, sobre a ara do deus Apolo.
Outras fontes literarias gregas sinalan que un dos fillos sobreviviu (o da dereita) e que herdou as dotes oraculares do seu pai, sendo quen anuncie a caída de Troia.
Encontrada en Roma, no que fora a Domus Aurea de Nerón, no século XV realizada por tres artistas dunha mesma familia da escola de Rodas. Caben dúbidas de se se tata dunha obra orixinal ou dunha copia romana.
Pertence ó período helenístico da arte grega, entre o 323 e o 31 a.C. (desde a morte de Alexandre Magno ata conquista romana de Exipto). A data concreta estaría en torno ó 25 a.C.

CONTEXTO
Coa derrota da coalición de cidades gregas na batalla de Queronea no 338 a.C por obra do macedonio Filipo II, as cidades-estados, as poles, entran en crise ó quedar englobadas nunha unidade maior baixo o dominio macedónico. A subida ó trono de Alexandre Magno, con só 20 anos, significou a configuración dun imperio que se estendeu ata a península balcánica e as marxes do río Indo. Á súa morte no 323 a.C., o imperio dividiuse entre os seus xenerais, constituíndo unha serie de estados independentes de cultura cosmopolita, na que se mesturaban Oriente e Occidente sobre a base helena Este fenómeno é o que denominamos helenismo, período de grande complexidade histórica e arqueolóxica. Atenas segue a ser o seu centro, pero adquiren importancia lugares como Siria, Exipto ou Asia Menor. Cidades como Pérgamo, Alexandría ou Rodas convértense en relevantes centros artísticos (escolas) onde se realizan obras de gran monumentalidade da man de escultores descoñecidos
Na arte dese novo mundo, non teñen cabida os ideais clásicos da harmonía e a medida, no seu lugar desenvolve un maior coñecemento da anatomía, o dinamismo e a exploración das emocións humanas. Parece unha arte de discordia e non de harmonía, de angustia en vez de tranquilidade, de emoción mo lugar da racionalidade. A influencia oriental amosouse nun incremento do decorativismo e da suntuosidade, que se separa da relixiosidade e adquire un carácter monumental ata entón descoñecido como se exemplifica no Mausoleo de Halicarnaso.
A escultura tenta como primeiro obxectivo plasmar a realidade, por iso tende a representar accións dramáticas e a miúdo violentas. Gusta de novos temas: os nenos, os anciáns, os monstros, as escenas de xénero, o nu feminino,.. Desenvolve o retrato procurando ser fiel á expresión do retratado e veraz nas fisonomías. As figuras presentan movementos intensos que retorcen os corpos en composicións espirais que multiplican os puntos de vista e resaltan as musculaturas. A exploración dos sentimentos e das emocións chega a deformar os rostros ó tempo que os amosa cunha teatralidade que ten por fin sorprender, e incluso conmover, ó espectador. Por todo isto se fala do barroquismo do helenismo.

ANÁLISE
Os autores escollen o momento de máxima tensión para conseguir unha maior espectacularidade dramática, cando as serpes se enroscan nos tres corpos para estrangulalos. Tamén a disposición resulta ficticia, puramente teatral, para servir ó mesmo fin: amosarnos a agonía dos personaxes. Os corpos presenta nunhas musculaturas poderosas, explosivas; retorcidas posturas; xestos efectistas e rostros expresivos da dor sufrida.
Aínda sendo así o dominante no conxunto, é certo que existe un tratamento diferente das anatomías, mentres a de Laocoonte resulta dun vigor explosivo cunha anatomía certamente impresionante e desaforada, as dos fillos son máis clásicas, dentro duns modelos de maior idealización e refinamento na liña de Policleto e Fidias
Primase a visión frontal que é a que mellor permite aprehender toda a emoción que latexa no grupo polo seu forte impacto visual, certo que carece de profundidade pois todo o conxunto se dispón horizontalmente, pero a perna dereita de Laocoonte proxectase en escorzo cara ó espectador.
Compositivamente, estamos diante dunha composición centrípeta coa máxima tensión no centro hacia onde tenden as liñas de forza. A estrutura piramidal con vértice superior na cabeza de Laocoonte, faise moi sólida ó estar as tres figuras entrelazadas pola liña sinuosa e ondulante das serpes. No interior domina nas liñas diagonais, claramente dominante a do corpo de Laocoonte (desde o pe esquerdo ata o brazo dereito) determinada pola mordedura no costado esquerdo da serpe da que intenta apartarse. Esta disposición diagonal é moi similar á do xigante do altar de Pérgamo vencido por Atenea coa axuda de Gea
O material obriga á existencia de puntos de apoio que lle den solidez. A este fin serven as telas que colgan no lado dereito, semellando case unha columna, e que se repiten noutras partes, sobre a ara e na parte esquerda. A presenza dos tecidos favorece o tratamento das texturas, contrastando a suviadade dos corpos dos fillos e a rugosidade das telas de pregas bastante regulares.
Domina un dinamismo que ven dado polo esforzo dos personaxes e polo movemento intenso das serpes
Laocoonte concentras todos os esforzos da súa alma para liberarse e liberar os seus fillos: os músculos ínchanse, os nervios están en tensión, a respiración é forzada. Ningunha parte do seu corpo está en repouso, incluso as marcas do cincel incrementan a sensación de pel enrrugada e o trépano do peiteado produce claroscuros. A expresividade dos rostros afondan a dor, o pathos: bocas abertas, mirada ó ceo, cabelos desordenados, tensión muscular. Especialmente relevante resulta o rostro do sacerdote que, derrotado, sufre por si e polos seus fillos, mira o ceos pero sendo consciente da perda dea poio dos deuses protectores da cidade (Apolo e Neptuno). Importante suliñar as diferenzas entre os fillos, mentres o da dereita semella estar rendido, incapaz de liberarse das serpes, o da dereita dirixe a súa mirada ó pai en petición dunha axuda que non pode prestarlle, o que incrementa aínda mais o drama: ver morres os fillos sen poder facer nada.
Nada hai da serenidade e do equilibrio clásico, imponse o efectismo, o contraste, a tensión, a expresividade, en definitiva un estilo barroquizante.
Por último facer referencia ó brazo dereito de Laocoonte. Cando se encontrou o grupo, ese brazo faltaba, o mesmo que o brazo do fillo da súa dereita. No caso de Locoonte houbo varias especulacións; uns pensaban que debía estar dobrado mentres outros opinaban que debía estar estirado por riba da cabeza. Fixéronse restauracións con engadidos distintos en disposición e materiais, unhas máis afortunadas que outras. Todas as hipóteses remataron cando a primeiros do s. XX se atopou o brazo nunha tenda próxima ó lugar no que 400 anos antes de encontrara a escultura. A disposición do brazo, tal e como o vemos, é a posición defendida por Miguel Anxo no seu momento.
A influencia posterior da obra, e do helenismo en xeral, foi importante. A terribilitá de Miguel Anxo debe moito ó Laocoonte, do mesmo xeito que a escultura barroca, por exemplo en Bernini.


Para moitos historiadores da arte, caso de Winckelman, o grupo de Laocoonte é o mellor exemplo do perfecto axuste entre literatura e arte. Para constatar como a linguaxe pétrea traduce fielmente o relato, leamos como narra Virxilio:
En este momento, otro prodigio, mayor y más terrible aún, se ofrece a nuestros infortunados espíritus y conturba nuestros corazones desprevenidos. Laocoonte, designado por la suerte para actuar como sacerdote de Neptuno, inmolaba un enorme toro en el altar de los sacrificios solemnes. He aquí que, desde Ténedos, (illa grega da actual Turquía, na entrada dos Dardanelos e preto da antiga Troya) a través de las profundas y tranquilas aguas (horror me causa el referirlo), dos serpientes de anillos inmensos se apoyan pesadamente en el mar y avanzan a la par hacia la costa; sus pechos erguidos entre las olas y sus crestas, color de sangre, sobrepasan la sondas; el resto de su cuerpo en la parte posterior arrastra por el piélago y enrosca en espiral sus espinazos. Prodúcese un sonido en el mar espumante; ya tocaban la tierra e, inyectados de sangre y fuego sus ojos ardientes, lamían con las lenguas vibrantes sus fauces sibilantes.
Al verlas quedamos exangües y emprendimos la huida. Pero ellas, con rumbo certero se dirigen hacia Laocoonte.
Primero ambas serpientes, aprisionando los pequeños cuerpos de cada uno de sus dos hijos, se enroscan en sus miserables miembros y los devora a mordiscos; luego arrebatan al mismo Laocoonte, que, con las armas en la mano, acudía a prestarles socorro y le atenazan en sus inmensas roscas; y, después de estrecharle dos veces por la cintura, dándole dos vueltas al cuello con sus dorsos escamosos, le sobrepasas, irguiendo por encima sus cabezas y sus cervices. Él trata de deshacer los nudos con ambas manos; sus cintas sagradas están empapadas de baba y de negro veneno y lanza al mismo tiempo hacia el cielo alaridos horrendos, semejantes a los mugidos de un toro cuando, herido, huye del ara y sacude de su cerviz el hacha asestada con golpe no certero. Las dos serpientes, deslizándose, huyen hacia el templo situado en lo alto, tratan de llegar a la ciudadela de la cruel Tritonia (epíteto de Atenea) y se refugian bajo los pies de la diosa y bajo el orbe de su escudo.
Eneida , libro II, 201-227

























!A voltas co brazo perdido¡

Trala descuberta e despois de ter feitas varias copias no mesmo momento, unha delas encargada a Sansovino (imaxe 1) e outra posterior a Bandinelli (imaxe 2), os resultados foron distintos. Mira as diferentes disposicións dos brazos


Non contentos coas copias e as disposcións inventadas, decidiuse restaurar a obra en sí, unha reintegración con materiais diferentes (cera ou terracota) engadindo o brazo perdido. Miguel Anxo recomendou que se encargara a Montorsoli e así o fixo, sendo o resultado o da imaxe inferior esquerda, coñecida a través dun gravado do s. XVII, como ves levanta moito máis o brazo e separao da cabeza, de xeito que a diagonal resulta moi alongada e obra adquire sensación de inestabilidade.
No s. XVIII Cornachini, reintegrou os brazos en mármore (abaixo dereita).Volve a unha disposición alongada do brazo, aínda máis que a proposta anterior.



Quedemos cunhas imaxes do grupo escultórico xunto con outras da obra do mesmo tema realizada polo Greco entre 1608 e 1610.





0 comentarios:

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir