6 de set. de 2010

VENUS DE MILO

CATALOGACIÓN

Escultura exenta ou de vulto redondo realizada en mármore de Paros, en tamaño superior ó normal (algo máis de 2 metros). Está tallada en pezas, algo usual neste tempo imitando as esculturas crisoelefantinas do período clásico. Representa a SDe ben é coñecida como Venus, en realidade tátase da Afrodita grega, deusa da beleza e do amor, nacida da espuma do mar despois de que Cronos cortase os xenitais de Urano e caeran ó mar.
Pertence ó período helenístico da arte grega, entre o 323 e o 31 a.C. (desde a morte de Alexandre Magno ata conquista romana de Exipto). Clasificable dentro da escola de Atenas, berce do helenismo, onde se deron dúas tendencias dispares. Dunha banda a tendencia barroquizante e doutra a tendencia clasicista da que é exemplo a presente escultura
É unha obra orixinal encontrada soterrada en Milo, nas illas Cícladas. O seu autor é descoñecido se ben adoita ser atribuída a un artista de Antioquía de nome Agesandros ou Aleixandros segundo os restos da inscrición que figura no pedestal.

CONTEXTO
Coa derrota da coalición de cidades gregas a na batalla de Queronea no 338 a.C por obra do macedonio Filipo II, as cidades-estados, as poles, entran en crise, agora englobadas nunha unidade maior baixo o dominio macedónico. A subida ó trono de Alexandre Magno, con só 20 anos, significou a configuración dun imperio que estendeu ata a península balcánica e as marxes do río Indo. Á súa morte no 323 a.C., o imperio dividiuse entre os seus xenerais, constituíndo unha serie de estados independentes de cultura cosmopolita, na que se mesturaban Oriente e Occidente sobre a base helena Este fenómeno é o que denominamos helenismo, período de grande complexidade histórica e arqueolóxica. Atenas segue a ser o seu centro, pero adquiren importancia lugares como Siria, Exipto ou Asia Menor. Cidades como Pérgamo, Alexandría ou Rodas convértense en relevantes centros artísticos (escolas) onde se realizan obras de gran monumentalidade da man de escultores descoñecidos
Na arte dese novo mundo, non teñen cabida os ideais clásicos da harmonía e a medida, no seu lugar desenvolve un maior coñecemento da anatomía, o dinamismo e a exploración das emocións humanas. Parece unha arte de discordia e non de harmonía, de angustia en vez de tranquilidade, de emoción mo lugar da racionalidade. A influencia oriental amosouse nun incremento do decorativismo e da suntuosidade, que se separa da relixiosidade e adquire un carácter monumental ata entón descoñecido como se exemplifica no Mausoleo de Halicarnaso.
A escultura tenta como primeiro obxectivo plasmar a realidade, por iso tende a representar accións dramáticas e a miúdo violentas. Gusta de novos temas: os nenos, os anciáns, os monstros, as escenas de xénero, o nu feminino,.. Desenvolve o retrato procurando ser fiel á expresión do retratado e veraz nas fisonomías. As figuras presentan movementos intensos que retorcen os corpos en composicións espirais que multiplican os puntos de vista e resaltan as musculaturas. A exploración dos sentimentos e das emocións chega a deformar os rostros ó tempo que os amosa cunha teatralidade que ten por fin sorprender, e incluso conmover, ó espectador. Por todo isto se fala do barroquismo do helenismo.

ANÁLISE
Afrodita está de pé en posición de contraposto, apoiando o peso do corpo sobre a perna dereita mentres a esquerda se adianta e flexiona no xeonllo que destaca baixo as roupas
Compositivamente está pensada para ser vista de fronte, o contraposto e a torsión do corpo e da cabeza configuran unha liña espiral, sinoidea, que lle outorga un forte dinamismo e multiplica os puntos de vista
Está medio espida, pois o manto que a cubría cae por baixo da cintura cubrindo a zona púbica. Neste sentido tratase dunha venus púdica, como a Afrodita de Cnido.
Esta diferenza de texturas queda ben reflectido na suavidade do corpo ben pulimentado, cun torso que o autor alonga para dar maior esbeltez, en oposición ós panos quebrados en abundantes pregas que provocan suaves claroscuros. O tratamento dos panos recorda a Fidias tanto pola multiplicidade de pregas como polo feito de transmitir a anatomía que cobre, particularmente na perna esquerda emprega a técnica de panos mollados
O pelo en bucles recollido na nuca dun xeito simple recorda os peiteados praxitelianos, se ben aquí hai un maior traballo de trépano O rostro resulta fermoso, cun punto de melancolía e ensono, pero cheo de repouso ó modo clásico.
Pero esa serenidade queda transmutada en sensualidade, case provocación, pola disposición o que a fai máis humana se cabe, máis naturalista
Á vista da existencia de puntos de fixación é posible que estivese ornada con diadema, pendentes e un brazalete.
Pode estar inspirada na Venus de Capua, atribuída a Lisipo, pero tamén hai que poñela en conexión iconográfica coa Afrodita de Cnido de Praxíteles, unha obra de grande éxito e moi imitada
Descoñecemos a disposición dos brazos e se neles portaba algún obxeto, algúns consideran que levaría unha mazá (melos en grego) na man esquerda mentres a outra se apoiaría nunha columna ou ben simplemente suxeitaría o manto que cae. En todo caso tratase só de hipóteses abertas á imaxinación,
Para rematar insistir como nesta obra conflúen o pasado clásico (Fidias, Praxíteles, Lísipo) ea s novidades helenísticas; naturalismo, liña serpentinata.




Temos unha canción dedicada á Venus de Milo no apartado de corcheas


0 comentarios:

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir