SANTA MARÍA DE OSEIRA
Igrexa pertencente ó mosteiro de Santa María de Oseira (Cea-Ourense), fundado no 1137 e adherido pouco despois ó Císter, que se viña de introducir durante o reinado de Afonso VII. O mosteiro de Oseira, xunto co de Sobrado, é dos primeiros mosteiros cistercienses construídos en Galicia. Do mosteiro fundacional, o único medieval que se conserva é a igrexa
O conxunto edilicio presenta a estrutura planificada de todos os mosteiros cistercienses, congrega a igrexa, o claustro e demais dependencias propias do mosteiro: sala capitular, refectorio, biblioteca, cociña, dormitorios,...Estilisticamente enmarcase na arte románica se ben xa en transición cara ó gótico pois incorpora elementos novidosos como o arco oxival e a bóveda de crucería.
Emprega na construcción, cantería de granito de grande calidade técnica.
A finais do século XI, o abade beneditino Roberto de Molesmes tentou recuperar os fundamentos espirituais da Orde, que o éxito levara pólos camiños do poder e a riqueza, esquecendo a austeridade preconizada polo fundador San Bieito de Nursia. A tal fin, Roberto retirouse con outros monxes a Citeaux, cerca de Dijon, en Francia, onde fundou unha abadía. O primeiro paso de reforma fracasou pero tempo despois, a primeiros do XII, Bernardo no mosteiro de Claraval deu o pulo definitivo postulando a volta á primitiva humildade en contra da relaxación dos costumes, rexeitando todo luxo e todo boato, a fin de que nada puidera distraer os monxes das súas obrigas, o traballo e a oración. Os monxes brancos expandíronse rapidamente, instalándose principalmente en lugares remotos, dedicados ao traballo agrícola de xeito que tiveron grande relevancia como colonizadores.
A arte ha de cinguirse ao esencialmente funcional suprimindo toda a carga ornamental que chegou a ter a arte románica. Non se trata propiamente dun estilo novo pero si unha nova concepción que se materializa nos mosteiros beneditinos dos monxes brancos.
A decadencia do Císter, apegado a unha vida feudal e rural que sen embargo os levou a un grande enriquecemento, ten que ver co desenvolvemento das novas ordes medicantes, franciscanos e dominicos, que situarán os seus conventos no ámbito urbano e que se adaptarán mellor ás novas formas de vida das cidades.
ANÁLISEA arte ha de cinguirse ao esencialmente funcional suprimindo toda a carga ornamental que chegou a ter a arte románica. Non se trata propiamente dun estilo novo pero si unha nova concepción que se materializa nos mosteiros beneditinos dos monxes brancos.
A decadencia do Císter, apegado a unha vida feudal e rural que sen embargo os levou a un grande enriquecemento, ten que ver co desenvolvemento das novas ordes medicantes, franciscanos e dominicos, que situarán os seus conventos no ámbito urbano e que se adaptarán mellor ás novas formas de vida das cidades.

A igrexa presenta planta de cruz latina con tres naves no brazo lonxitudinal e unha soa, de grande anchura, no transepto. A nave central é máis alta e notoriamente máis ancha que as naves laterais.
A cabeceira está moi desenvolvida, consta dunha capela maior semicircular,- en contra da denominada planta bernarda que propugnaba testeiros rectos por seren máis económico de construír- rodeada por un deambulatorio. Esta xirola que está as segu
ir o modelo da Catedral de Santiago, ábrese ó altar maior por arcos apuntados apeados en grosas columnas dispostas sobre un zócolo e a el da as cinco absidiolas, orixinalmente de planta semicircular.
Separan as naves piares cruciformes con columnas adosadas, dúas sobre as que apoian os arcos de faixa e dúas para sustentar os arcos formeiros oxivais dobrados. Na labra dos capiteis, seguindo a norma do ascetismo, prescíndese da figuración –só hai un con cigoñas- e optase polas formas vexetais con follas lisas.
Cóbrense as naves, tanto no eixo lonxitudinal coma no transepto con bóveda de canón oxival lixeiramente apuntada e reforzada por arcos de faixa; no presbiterio, crucería de catro nervos separadas por arcos de faixa, todo en seción oxival; na ábsida, bóveda de crucería con oito nervos e sete plementos cóncavos. A solución innovadora das bóvedas de crucería, máis económicas, foi o que permitiu a obtención de amplos e diáfanos espazos, como vemos nesta nave central e no transepto.

No cruceiro, unha cúpula sobre pechinas con ciborio octogonal, xa do século XIII.
A luz penetra polas fiestras que se abren no alto da nave central desde o arranque da bóveda, por riba das naves laterais. Como é tradicional nas igrexas cistercienses, nas xanelas emprega arcos de medio punto.

A estrutura interna reflíctese exteriormente pola gradación dos volumes: unha gran nave central e estreitas naves laterais, unha grande ábside e pequenas absidiolas. O muro reforzase exteriormente, para contrarrestar o empuxe das bóvedas, por medio de contrafortes
Tres portas comunicarían co exterior: no lado Sur, cara ó claustro; no lado Norte, cara o cemiterio dos monxes; nos pés habería unha sinxela portada sen torres -o pobo non entraba bna igrexa-, pero hoxe despois do coro alto apoiado en fermosa bóveda de crucería reticulada, realizado no XVI, vemos a grande fachada-telón ó modo barroco, datada a mediados do século XVII.

En conxunto, a obra arquitectónica cisterciense en Oseira mantén unha total economía e pureza de formas basada na liña pero dentro dunha obra de proporcións monumentais.
A cabeceira está moi desenvolvida, consta dunha capela maior semicircular,- en contra da denominada planta bernarda que propugnaba testeiros rectos por seren máis económico de construír- rodeada por un deambulatorio. Esta xirola que está as segu
ir o modelo da Catedral de Santiago, ábrese ó altar maior por arcos apuntados apeados en grosas columnas dispostas sobre un zócolo e a el da as cinco absidiolas, orixinalmente de planta semicircular.Separan as naves piares cruciformes con columnas adosadas, dúas sobre as que apoian os arcos de faixa e dúas para sustentar os arcos formeiros oxivais dobrados. Na labra dos capiteis, seguindo a norma do ascetismo, prescíndese da figuración –só hai un con cigoñas- e optase polas formas vexetais con follas lisas.
![]() | ![]() |