11 de xan. de 2012

LEONARDO DA VINCI

- A VIRXE DAS ROCHAS



CATALOGACIÓN
A imaxe corresponde á obra coñecida como Virxe das Rochas, un óleo sobre táboa -hoxe trasladado a lenzo- realizado por Leonardo da Vinci por encargo da confraría da Inmaculada Concepción da igrexa de San Francisco o Grande de Milán nos derradeiros anos do século XIV. Sería a táboa central dun retablo, de aí a súa forma redondeada da parte superior e o seu gran tamaño (case 2 m de alto).
Existen dúas versións, unha no Louvre (abaixo, á esquerda) e outra na National Gallery de Londres (abaixo, á dereita), considerándose que a primeira é a do Louvre. 
 

Non chegou a ser entregada á Irmandade, ben porque non foi do agrado dos mecenas ou ben porque non foi pagada na cantidade esixida por Leonardo, o caso é que esta primeira táboa foi vendida por Leonardo a algún particular, mentres se fixo outra segunda versión, non da súa man. Son practicamente iguais só cambian algúns xestos e as tonalidades de cor.
Estilisticamente pertence á arte renacentista do Cinquecento italiano.
Desenvolve un episodio dos evanxelios apócrifos segundo o cal durante a fuxida a Exipto, a Sagrada Familia encontrase con Xoán Bautista quen para fuxir da matanza dos inocentes, se refuxiara nunha cova protexido por un anxo (Uriel). Os personaxes que aparecen son: no centro, María acollendo coa man dereita a Xoán; á esquerda e semiaxeonllado, Xoán Bautista coas mans xuntas en actitude de oración; á dereita, o Neno Xesús dándolle a bendición coa súa man dereita; detrás de Xesús, o anxo.

Leonardo, o maior da xeración do Cinquecento, é o exemplo máxime de artista do Renacemento, un xenio interesado por todo: botánica, perspectiva, matemáticas, urbanismo, anatomía, hidráulica, .... Mostra destas inquedanzas son os códices -escritos de xeito especular- que se conservan, un deles na Biblioteca Nacional de Madrid, con apuntamentos de todo tipo pois non confiaba máis que no que examinaba cos seus propios ollos. Sempre mantivo a reivindicación da pintura como nunha ocupación nobre o que posiblemente afectou as relacións cos seus clientes.
Iniciou a súa formación en Florencia no taller do pintor Andrea Verrocchio, pasa logo a Milán ofrecéndose na corte dos Sforza a realizar todo tipo de proxectos incluídos distintos artiluxios bélicos. É nesta fase cando comeza a pintura que estamos a tratar así como a inacabada Adoración dos reis Magos e a Última Cea. Tras distintas estancias en Venecia e Florencia recala en Roma onde só recibiu modestos encargos. Despois de que Francisco I de Francia ocupara Milán marchou, portando o retrato da Gioconda, co seu novo protector a Francia onde rematará os seus días.

CONTEXTO
..........


ANÁLISE
O encontro ten lugar nunha estraña gruta, emerxendo da penumbra, en medio de altas rochas entre as que flúe un río, e dunha detallada vexetación de paisaxe árida no primeiro plano ó borde do abismo e no alto. É un ambiente absolutamente irreal e sorprendente. Unha escena con poucas figuras como corresponde ós gustos da época.
Resulta ser un exemplo perfecto de harmonía renacentista coa súa equilibrada composición piramidal, e pechada, con vértice na cabeza de María sendo tamén ela a que ocupa o eixe vertical central. Os lados da pirámide están ocupados por Xoán e o Neno e noutro o anxo. Pero tamén cada unha das figuras pode ser considerada como un triángulo independente, o da Virxe ven ser o máis evidente a primeira vista. Os catro personaxes dispóñense en planos de profundidade distintos, desde o primeiro plano do Neno que así subliña a súa importancia ata o derradeiro de María. E os catro semellan illarse do espectador pola curva que define o borde do abismo en primeiro plano.
Pero non estamos diante dunha perspectiva lineal, Leonardo considera que ese sistema de representación non logra amosar o carácter mudable das cousas, emprega en troques a perspectiva aérea que ten en conta a bifocalidade da visión humana e maila existencia de aire entre os obxectos e o observador. Deste xeito establece varios principios: esvaecemento das cores ó se afastar os obxectos, a súa variable cromática segundo se trate de primeiros ou segundos planos, a acumulación de azuis -cores frías- nos fondos, perfís esvaecidos -sfumato- cun certo aire de formas inacabadas, luz tibia e difusa con contrastes suaves. Todos estes postulados se reflicten nesta obra e contribúen a superar a rixidez do Quatroento para acadar un naturalismo clasicista.
A luz natural fíltrase desde o alto a través das fendas das rochas pero desde a esquerda unha luz misteriosa ilumina as figuras sagradas, especialmente esvara sobre os corpos espidos, como símbolo de pureza, dos dous infantes, fundíndose coas sombras. As cores serven a crear profundidade, emprega no primeiro plano os verdes, en segundo plano o vermello e gama de amarelos, mentres no fondo aparecen as habituais gamas frías de azuis.
A ligazón psicolóxica de todos os personaxes está lograda a través das miradas e dos xestos, particularmente esas mans de Leonardo que expresan sentimentos. María axeonllada, protexe coa súa man esquerda ó pequeno Xoán mentres a man dereita se dirixe a Xesús, amosa un leve sorriso cheo de melancolía como un presaxio do inevitable drama do futuro. Uriel, medio axeonllado, sinala co índice da man dereita a Xoán ó tempo que suxeita coa esquerda a Xesús que bendice ó seu primo. As miradas tamén os interrelacionan, só o anxo mira cara ó exterior, ó espectador como para facernos partícipes do que está a suceder. Tal conexión de xestos e miradas guían a lectura significativa da obra e queda patente na configuración circular na que es encontran as catro cabezas, un círculo con centro no embigo de María.
As personaxes desprenden dozura e tenrura tanto nos xestos coma nos seus rostros de beleza idealizada nos que destaca o leve sorriso característico das obras de Leonardo
Convén destacar o primorosos virtuosismo na man de María en contundente escorzo e o realismo botánico da vexetación e xeolóxico das rochas do fondo.



-GIOCONDA/MONNA LISA

CATALOGACIÓN
Retrato de busto prolongado de Lisa Gherardini, muller de Francesco del Giocondo. Coñecida como Mona -apócope de Madonna- Lisa ou Gioconda -polo seu marido-, foi pintada a óleo sobre táboa de pequenas dimensións por Leonardo da Vinci nos primeiros anos do século XVI, se ben seguiu retocándoa ata os derradeiros anos da súa vida. 
Gioconda, unha dama fiorentina nai de tres fillos, posa relaxada, dise que mentres posaba no taller de Leonardo, un grupo de músicos e bufóns amenizaba as sesións, razón esta á que algúns atribúen o leve sorriso.
A obra nunca chegou á casa dos Giocondo, pois o artista levouna consigo desde Florencia a Roma e logo a París onde foi adquirida polo monarca Francisco I, razón pola que hoxe se atopa no museo do Louvre.
Estilisticamente pertence á arte renacentista do Cinquecento italiano.

.... (o que corresponda da obra anterior)

CONTEXTO
.......

ANÁLISE







-Descrición do que vemos
a muller: a súa postura, vestimenta, trazos físicos realistas, xesto, expresión (ollos e boca) .......
o marco: galería, petril e columnas, a paisaxe de fondo e as diferencias (entre os dous lados, arriba e abaixo, punto de vista distinto que a figura)
-Sinala a diferenza cunha obra anterior, o retrato de Battista Sforza pintado por Piero della Francesca
- Composición (liña de horizonte) e proporción
- Perspectiva aérea
- Sfumato (o borroso, o incerto) fronte a zonas de liñas que delimitan
- Cor e veladuras, e luz
- O misterio da mirada e do sorriso, das interpretacións


Engadir apunte sobre a conquista do naturalismo: o mudable, a vida; deixar indefinido para que o espectador complete ou adiviñe


Se xa na época, o mesmo Rafael pintou pouco despois o retrato de Magdalena Doni recollendo nel os achados de Leonardo, o paso do tempo converteuna na obra máis icónica da historia da arte.



A GIOCONDA DO MUSEO DO PRADO:
Presentación da obra
Proceso de restauración


CURIOSIDADES: ARREDOR DA GIOCONDA 
Seguramente é a obra máis icónica e rodeada de fetichismo de toda a historia da arte.
Desde Leonardo que nunca quixo desprenderse dela, sempre perfeccionista e sempre retocándoa, ata o presente.
Duchamp, facendo saltar polo aire os cimentos da tradición, engadiulle bigote e barba; Warhol multiplicouna e coloreouna; Lichtenstein puxo palabras na súa boca; Banksy converteuna nunha terrorista; Basquiat tratouna coma un graffiti; Dalí autorretratouse nela; Picasso tratouna de xeito cubista;.....
Podes ver estas reinterpretacións nesta entrada.
O mesmo pasa noutros campos, deixando á marxe ós historiadores da arte, onde a obra serve de pretexto: na publicidade, nas viñetas gráficas, no cine -revisa as películas con este tema-, na música, na literatura (Oscar Wilde, Gautier, o marqués de Sade), na psicoloxía (Freud psicanalizouna); en series de tv -mira o caso dos Simpsons-; científicos desenterran os seus osos para certificar por ADN a vinculación có seu home e fillos;....
Apertura da cripta no convento de Santa Úrsula de Florencia
Pero seguramente un dos feitos máis curiosos foi o roubo do lenzo no 1911. Non por ser roubada, o que non é de estrañar dado  o seu valor económico, senón porque os primeiros acusados foron Picasso e Apollinaire que chegaron a pasar un día no cárcere (Colomo fixo unha película sobre este asunto). O verdadeiro autor, por encargo dun comerciante arxentino, era un antigo traballador do museo. A obra foi recuperada algo mais de dous anos despois.
Museo do Louvre: espazo baleiro e restitución da obra
Ademais foi obxecto de ataques no mesmo Louvre: no 1956 un visitante verteu ácido sulfúrico e un estudante lanzoulle unha pedra que quebrou parte do lenzo; no 2009, unha turista derramou unha taza de té de porcelana -xa a obra estaba protexida por un cristal de seguridade-.
Así que cando hoxe visitamos o museo do Louvre para ver este emblemático lenzo, adoita suceder isto.

¿Vemos a obra ou deixamos constancia de que estivemos alí?

Podes ambientar o estudio coa canción de Mona Lisa..







0 comentarios:

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir