8 de abr. de 2012

DALÍ, MAGRITTE, MIRÓ

Unha introducción



DALÍ
RELOXOS BRANDOS OU A PERSISTENCIA DA MEMORIA


CATALOGACIÓN
Óleo sobre lenzo pintado por Salvador Dalí en 1931 que presenta unha paisaxe onírica tratada con elementos moi realistas. Clasifícase dentro do Surrealismo, movemento artístico que se desenvolve no segundo cuarto do século XX cando as teorías psiconalíticas estaban en boga.
Dalí traballou dentro do surrealismo figurativo, as súas mellores obran corresponde ás décadas do 30 e 0 40, ó que se adheriu nos seus inicios, sen embargo o súa megalomanía, o amor ó diñeiro e comercialismo, a súa actitude provocadora e o seu conservadorismo político (decantouse polo bando franquista) acabaron por provocar a súa expulsión do grupo na década dos 30.
A súa obra caracterízase polos espazos abertos nos que flotan os obxectos, unha fidelidade hiperrealista, unha desbordante fantasía e sempre realizados cunha depurada técnica
Son temas recorrentes: as formas brandas, as formigas, Gala, a costa de Cadaqués, as muletas ,..

CONTEXTO
A creación de imaxes fantásticas e oníricas xa fora someramente explotado polo Bosco ou por Goya, no caso das pinturas negras. A estas primeiras exploracións, os surrealistas sumaron o Dadaísmo co que coincide na provocación e as teorías freudianas.
Foi André Breton, dadaísta, quen comprendendo que dadá non tiña máis percorrido, acabou con el. Como alternativa propuxo unha arte fundamentada no inconsciente e no mundo dos soños. El foi o principal teórico do movemento e autor do Manifesto Surrealista en 1924, onde o definiu como un puro automatismo que permitía a verdadeira expresión da mente humana. Para conseguilo e evitar que a razón influíse na creación, recorríase a xogos ou actividades case hipnóticos.
Queren amosar ao mundo do inconsciente que emerxe nos soños e nas alucinacións onde o tempo non é diacrónico, pasado-presente-futuro aparecen á vez sen contradición. Crean nas súas obras algo máis real que a propia realidade e con títulos desconcertantes.
Sérvense de certos recursos: animar o inanimado, metamorfoses, illamento de partes anatómicas, maquinarias fantásticas, perspectivas estrañas en espazos perfectamente tridimensionais, dobre imaxe,.... Crearon as técnicas do frottage e do grattage (ver)
Dentro da diversidade dos artistas que compoñen o grupo, son trazos comúns a perfección técnica e a minuciosa execución. Pero optan por dúas tendencias: unha abstracta e outra figurativa e hiperrealista. Á primeira pertencen Miró ou Marx Ernst, e á segunda Magritte e o propio Dalí.
Todos crearon un universo inquietante e fascinante, misterioso e incongruente, que sobrepasou o ámbito da pintura para aplicarse na escultura ou no cine (Buñuel e O can andaluz), sempre procurando o impacto visual.

Aquí tes un bo vídeo sobre o Surrealismo

ANÁLISE
Esta obra pertence á etapa de maior brillantez na súa produción artística segundo o que el denominou estilo paranoico-crítico. Consiste en representar imaxes oníricas e obxectos cotiáns de formas insospeitadas e sorprendentes, dándolles un funcionamento simbólico. Interpreta como un paranoico, dando dobre significado ós obxectos
Estamos diante dunha paisaxe con elementos tomados da realidade pero descontextualizados ou metamorfoseados xunto con outros irreais, é pois unha imaxe onírica, moi característica da súa obra: fondos inmensos, neste caso cunha liña de horizonte moi alta, con dous espazos, ceo e terra, que non se dividen de xeito contundente senón que parecen prolongarse un no outro cara ás profundidades inconmensurables.
Á dereita pinta unha pequena praia deserta recortada por cantís rochosos, evocación que repite moitas veces das paisaxes da súa xuventude, Cadaqués e o cabo de Creu; desde o cantil o mar estendese ata a marxe esquerda confundindose có ceo cuberto de vaporosas nubes brancas.
Sobre a area como se dunha enorme chaira se tratara, descansan diversos elementos sen relación lóxica entre eles. En posición central unha estraña figura, é unha cabeza branda cun enorme nariz, longas pestanas, longa e carnosa lingua que sae dela pois carece de boca. Descansa durmida sobre a area, xa que o ollo está pechado, e parece derreterse. Semella un caracol arrastrándose polo chan e que vai deixando o seu rastro sobre a area. Enriba a xeito de montura, un reloxo de peto que se derrete (idea nacida do camembert que se derretía o sol). Pode ser un autorretrato, resulta moi similar á representación do Gran Masturbador.
Á esquerda, sobre o que parece unha mesa de madeira rectangular, aínda que incompleta, hai outros dous reloxos: un pequeno e pechado, aínda conserva plenamente a súa forma, sobre o que se amontoan unha multitude de formigas que parecen devoralo; o outro, enorme, brando e alabeado, cunha mosca encima, marca as sete menos cinco e parece esvarar polo borde da mesa. Desta mesa nace unha árbore seca e quebrada, cunha soa rama sen follas sobre a que colga en equilibrio outro reloxo brando. Detrás unha especie de bancada avanza desde a esquerda, situada na liña que separa mar e terra.
A sensación xeral é de desolación: unha praia fantasmal envolta nunha luz tenue e irreal, onde tempo e vida semellan estar conxelados.
Toda a composición está moi estudada, nada nela é fortuíta, e pese á diversidade de elementos domina a sensación de unidade. É o tratamento do espazo o que contribúe á unidade. Trátase dunha concepción espacial perfectamente clásica, baseada na perspectiva tradicional, pero combinando distintos puntos de vista, e con moita profundidade.
Dominan as liñas horizontais: a liña do mar divide o cadro en dúas metades desiguais; remarca a horizontalidade a mesa e a rama da árbore. Outras liñas verticais (a árbore), diagonais (a cabeza) e curvas (reloxos) serven de equilibrio.
O tratamento pictórico inclúe un debuxo moi académico e relambido de modo que os obxectos están representados cunha exactitude e detallismo notable, case semellan fotografías, pero as súas dimensións non son reais e están deformados. Máis que tomar as imaxes dos sonos, do inconsciente, Dalí parece querer fotografar o propio sono e os seus contidos.
A cor brillante, variada e rica, presenta un predominio de tonos fríos (azuis, grises e brancos), que contrastan coas cores cálidas dos ocres, marróns e amarelos. A súa combinación empregase tamén para remarcar a terceira dimensión, recordemos que as cores cálidas acercan as formas mentres que as cores frías as aloxan. A luz, moi branca, serve para resaltar o intemporal, o permanente (acantilado rochoso), mentres as sombras recobren os elementos oníricos, chega a facerse tenebrista no primeiro plano
Como noutras obras subxacen os seus delirios e obsesións: as formas brandas, a putrefacción ou o sexo. Os reloxos brandos, elemento que reitera a miúdo, aluden á irrelevancia do tempo, á súa perda de significación pero tamén ó paso do tempo que se nos escapa. O reloxo pechado có seu metal brillante atrae as formigas como a carne en descomposición (¿a morte?). O simbolismo ten que ver cos reloxos e a memoria, pois esta igual que aqueles alabeanse polo paso do tempo.
Está claro que non segue o automatismo psíquico, decántase polo que denomina método paranoico-crítico, consistente en atribuír ós obxectos intencións ou calidades que non teñen pero que racionalmente sería posible que posuíran. Tamén o define coa asociación do paranoico -brando- e do crítico -duro-, a relación espazo-tempo derivada das teorías da relatividade de Eisntein. Así vemos como neste lenzo os elementos espaciais represéntanse como duros, e os temporais, os reloxos, como figuras brandas.

En síntese, unha obra na que a idea de alucinación ou realidade imaxinada ven dada pola incongruencia onírica dos obxectos presentes no lenzo en medio dunha paisaxe misteriosa tratada cunha fidelidade case fotográfica.




Curiosamente Dalí rexieita o contido simbólico e conta no seu libro A vida secreta de Salvador Dalí, o que segue
Al terminar la cena tomamos un camembert muy blando -explica Dalí- y, cuando se marcharon todos, me quedé largo rato en la mesa, pensando en los problemas filosóficos de lo "superblando" que el queso me planteaba. Me levanté para ir a mi estudio, donde encendí la luz para dar una última mirada, como tengo por costumbre, al cuadro que estaba pintando. Esta pintura representaba un paisaje cercano a Port Lligat, cuyas rocas estaban iluminadas por un transparente y melancólico crepúsculo; en el primer término había un olivo con las ramas cortadas y sin hojas. Sabía que la atmósfera que había logrado crear con este paisaje había de servir de marco a alguna idea, a alguna sorprendente imagen; pero no tenía ni idea de cuál sería. Me disponía a apagar la luz, cuando instantáneamente "vi" la solución: dos relojes blandos, uno de ellos colgando lastimosamente de las ramas del olivo. Aunque me atormentaba un terrible dolor de cabeza, preparé afanosamente mi paleta y me puse a trabajar.




MAGRITTE 
A CHAVE DOS CAMPOS





CATALOGACIÓN



CONTEXTO





ANÁLISE












MIRÓ
O CARNAVAL DO ARLEQUÍN



CATALOGACIÓN




CONTEXTO



ANÁLISE






MULLERES E PAXAROS Á LUZ DA LÚA




CATALOGACIÓN




CONTEXTO



ANÁLISE












0 comentarios:

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir