22 de mar. de 2017

Van Gogh: Noite estrelecida


Van Gogh: Noite estrelecida.


CATALOGACIÓN
Oleo sobre lienzo pintado polo pintor Vincent Van Gogh en 1889 mentras estaba internado no asilo de Saint-Rémy na Provenza. Atópase no Museo de Arte Moderno de New York e pertence á pintura post-impresionista da que Van Gogh é un dos principais artistas.
Está feita trece meses antes do seu suicidio, nunha etapa de fonda crise personal que o levou a ingresar voluntariamente neste manicomio de Saint-Rémy. Non deixou de pintar durante esta etapa, en moitas ocasións tendo que ser acompañado dun celador, mesmo en horario nouturno como na súa celebre “Café nouturno”. A noite e as esceas nouturnas se convertiron nunha fonte de inspiración e así pintou maís dunha imaxe do ceo nouturno.
Nesta obra traballou dende a súa habitación e polo que parece mistura a súa vista do ceo cunha vista do pobo e dos cipreses que non se podían ver dende a habitación.

CONTEXTO
...

ANÁLISE
É un dos cadros máis famosos de Van Gogh e nun dos que se pon de manifesto con maior claridade a influencia que tiña o estado de ánimo do artista na súa percepción e representación da realidade. Así unha tranquila noite estrelada se convirte nun torbellino de luces que se corresponderían có sentimento do artista antes que coa realidade. Esta traducción do que sinte o artista a través da pintura dará paso a unha corrente pictórica, o expresionismo, que aínda que non totalmente nova (Goya, e outros artistas románticos…) acada un enorme desenvolvemento nos anos seguintes en Alemaña e en Noruega (Munch).
A angustia do pintor se traducirá neste cadro nesas estrelas que se moven vertixinosamente sacudindo o ceo nunha vibrante e intensa luminaria. O azul do ceo ten o contrapunto e contraste do amarelo e alaranxado das estr
elas. No resto do cadro predominan tamén as cores frias.
Na parte inferior do cadro unha tranquila vila presidida pola Igrexa dalle algo de serenidade ó cadro aínda que un vigoroso elemento vertical, o ciprés comunica ambas zonas. Este ciprés tampouco é unha árbore ó uso senón que se retorce nunha liña vertical ondulante como se fose unha chama. O seu dinamismo vertical contrapón e fai de enlace as dominantes horizontais do ceo (axitado) e da vila (tranquila). Outro elemento vertical que destaca está a enorme agulla da igrexa parroquial.
Un elemento de transición entre a vila e o ceo son as colinas que nas súas liñas ondulantes parecen contaxiarse da axitación do ceo.
Os cipreses son un dos motivos preferidos por Van Gogh nesta etapa e así nunha das súas cartas ó seu irmán Theo dice: “Os cipreses me preocupan sempre; quixera facer algo como as telas (cadros) dos xirasois, porque me sorprende que aínda ninguén os pintara como eu os vexo. En canto a liñas e proporcións un ciprés é fermoso coma un obelisco exipcio.”
Non olvidemos os ignificado funebre que o ciprés ten na cultura mediterránea o cal qencaixa có espíritu atormentado do pintor que o levará ó suicidio apena sun ano despois.

No tocante á técnica hai que destacar a pincelada extremadamente solta e pastosa que emprega o pintor, aparecendo en ocasións liñas curtas e ondulantes por exemplo no ceo e noutro caso rectilíneas como nas casas.

0 comentarios:

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir