10 de xuño de 2017

BORROMINI

SAN CARLOS DAS CATRO FONTES



CATALOGACIÓN

Foi o seu primeiro encargo en Roma, no 1637, e o primeiro en solitario tras de colaborar con Maderno, o que lle vai servir para facerse un arquitecto recoñecido.
O encargo, para a Orde dos Trinitarios Españois, incluía un pequeno convento e a igrexa anexa dedicada a San Carlos Borromeo. Ésta última é a que nos ocupa
É o máximo representante do Barroco anticlásico, imaxinativo e expresivo, diferente das formulacións clasicistas do exitoso Bernini. Os seus heterodoxos presupostos foron nalgúns casos ben criticados, del afirmaba Bellori que era
un gótico ignorantísimo e corruptor da arquitectura
Os problemas de partida eran moitos: os Trinitarios, unha Orde austera, contaban con poucos recursos; o espazo dispoñible era  minúsculo e irregular, estaba situado nunha confluencia de rúas -unha delas moi estreita-, e ademais estaba alí, na esquina achaflanada, unha das catro fontes dispostas por Sixto V. Contra todo esto loita Borromini e sae victorioso creando un espazo novo e perfectamente adaptado a esos condicionantes. 
Despois de realizar a parte residencial dos frades, acomete as obras da Igrexa no 1637. O seu interior foi rematado en 1641, pero non se comezaron as obras da fachada ata o ano 1665 por falta de diñeiro. Borromini morreu no ano 1667, sendo terminada a fachada polo seu sobriño Bernardo seguindo o deseño do arquitecto.
Polas súas pequenas dimensión, foi popularmente coñecida como San Carlino.


CONTEXTO

 (... o mesmo que Maderno e Bernini) 


ANÁLISE

A obra está marcada polo pequeno solar no que a Igrexa se ía edificar e pola súa forma irregular. Borromini vai a empregar elementos de perspectiva para intentar dar sensación de maior tamaño a un edificio de por si moi pequeno. 

A planta parte dun rombo transformado nun óvalo disposto en sentido lonxitudinal -contraria á disposición de Bernini en San Andrés do Quirinal-  e pechada perimetralmente polos muros “ondulados” en xogo cóncavo-convexo, no que se dispoñen dúas capelas. Unha planta pois, dinámica que resulta difícil de acotar visualmente, de modo que o espectador se sinte nun espazo unificado -non hai ángulo algún- e maior do que realmente é.
O alzado, en contra do sentido unitario da planta, está mais seccionado cun poderoso entaboamento marcando a contundente diferencia entre o muro e a cúpula.
O muro artículase con 16 columnas de orde xigante con capiteis compostos, distribuídas en grupos de catro para enmarcar o altar maior, as capelas, os nichos a distintas alturas e as portas, impoñen un marcado sentido ascensional. Rematan soportanto un entaboamento continuo que segue as ondulacións da planta acentúando o dinamismo deste interior.


Sobre a cornixa do entaboamento apoian catro bóvedas de cuarto de esfera -de sección elíptica nos lados maiores- e pechinas, para dar paso á gran bóveda de base oval. Todas as bóvedas se adornan con casetóns, con floróns  e un frontón, nas inferiores; a superior, con octógonos, hexágonos e cruces gregas -emblema dos Trinitarios- diminuíndo de tamaño en altura nun guiño de perspectiva que a agranda e eleva.


A iluminación se logra por unha linterna no seu centro e por as catro fiestras na base da cúpula. E todo en branco, sen cor, e en estuco, un material económico.



Se xa o interior é dunha complexidade xeométrica notable, será na fachada onde Borromini nos deixe unha obra mestra conxugando de novo elementos cóncavos e convexos para crear un movemento continuo que a fai plástica, flexible e pictórica -esixe visión lateral, non só frontal-
A mesma concepción, como unha arquitectura máis modelada que construída -incluso diríamos coma un  gran telón a m odo de retablo-, orixina que semelle un obxecto, un puro ornato que xurde desde o muro para invadir a rúa -algo, por certo, moi barroco-.
Organízase en dous pisos divididos polo groso entaboamento que sostén a balconada, e tres corpos verticais -corpos e rúas coma un retablo- marcados pola presencia de columnas de orde xigante. En absoluto existe correspondencia entre esta estrutura externa e o interior, preséntase como unha realidade independente do contido que alberga.
Toda a superficie se ondula cunha triple flexión de cóncavo-convexo-cóncavo no corpo inferior e na balconada, on dulación que se transforma no segundo corpo en cóncavo-cóncavo-cóncavo e así se transmite á ó groso entaboamento superior e á balaustrada final.


Sendo toda a superficie dinámica polo xogo de curvas opostas que crea marcados contrastes de luz, recalca as contraposicións en cada nivel: agora pequenas columnas encadran portas,  fiestras e nichos, uns adintelados e outros en arco de medio punto; se a rúa central é cóncava na piso alto, insire unha especie de templete que se despega en curva coincidente coa balconada.
E por último, a ornamentación apoíase nos elementos arquitectónicos, inclúe relevos ornamentais nos óculos, nos nichos e nos entaboamentos, as estatuas dos santos, a inscripción votiva no friso inferior. Toda a organización estructural parece dirixir hacia o alto,  desde o edículo de San Carlos Borromeo, a través do templete da balconada ata o poderoso óvalo -un medallón con pintura ó fresco dedicada á Coronación da Virxe María- sostido por anxos que rompe o entaboamento e a balaustrada do coronamento.
En síntese, unha fachada dinámica e ondulante, teatral, contrastada no xogo de opostos curva-contracurva, oco-baleiro, luminosidade-penumbra. Unha fachada que sen corresponder co interior, responde ós mesmos presupostos aquitectónicos.
Con esta obra Borromini converteuse nun dos arquitectos claves do Barroco caracterizado polo seu rupturismo coa tradición clásica polo gusto polo desequilibrio, as liñas curvas e a preferncia polo óvalo menos estático que o círculo, o movemento sinuoso, a teatralidade, o exceso decorativo, os xogos lumínicos, … 
Será moi contestado e desprezado no periodo seguinte, o neoclasicismo, pero será de novo reivindicado polo movemento modernista, influíndo en autores como Gaudí por exemplo na súa casa Milá ou na baranda da praza do Parque Guell.









VISITA VIRTUAL



CURIOSIDADES: PERSONAXE E PERSPECTIVA 
Francesco Castelli, Borromini, foi un home de espírito inquieto, austero, pouco sociable, hipocondríaco e depresivo, admirador de Miguel Anxo.  Nunca lle chegaron os grandes encargos papais que recibía Bernini, incluso lle gañou no concurso da Fontana dos catro ríos, aínda que non fora convocado. Foron dúas figuras sobranceiras, cada un co seu propio estiolo, que conviviron no tempo e no espacio en permanente rivalidade e enemizade. Morrería a causa da feridas provocadas polo intento de suicidio. El mesmo escribiu: 
[..]  Cerca de las cinco o seis de la madrugada me desperté y llamé a Francesco para pedirle que encendiera la lámpara. Como se negó dado que no había dormido suficiente, me puse impaciente y pensé cómo hacerme algún daño corporal. Permanecí en este estado hasta cerca de las ocho, cuando recordé que tenía una espada en el respaldo de la cama, que cayó de punta junto a mi cama. Caí sobre ella con tal fuerza que terminé atravesado en el piso. Debido a mi herida comencé a gritar, con lo que Francesco entró rápidamente al cuarto, abrió la ventana, y al verme herido llamó a otros que me ayudaron a recostarme en la cama y quitarme la espada. Así es como resulté herido”.
Estudioso da perspectiva, na Galería do Palazzo Spada fixo arquitectonicamente un trampantollo xogando coa perspectiva. Estes xogos xa se aplicaban na escena dos teatros para conseguir profundidade (Palladio, Teatro Olímpico de Vicenza). Esta é a obra de Borromini, a galería do Palazzo Spada.


A simple vista un longo corredor  cunha bóveda de canón que conduce ata un patio onde vemos unha escultura de gran tamaño. Pero a realidade é ben distinta, compara estas dúas fotos

¿Que pasou? Pois que o que vemos non é en realidade o que hai. A construción engana os nosos sentidos, forzando a perspectiva: as liñas de fuga aceleradas fan retroceder o punto de fuga Así un pequeno treito, de escasos 9 m, parece de 40, e a gran escultura só mide 80 cm. 
¿Como o consegue?. Non deixes de ollar este vídeo


Tempo despois, Bernini toma a idea para a Scala Regia do Vaticano







0 comentarios:

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir